Grupo Correos
Presentación do Grupo Correos
O Grupo Correos está integrado por Correos e as filiais Correos Express, Nexea e Correos Telecom. Estamos presentes no sector das comunicacións fÃsicas e dixitais e no mercado da paqueterÃa, liderando o segmento de transporte non urxente e sendo un referente para o sector do comercio electrónico.
Correos pertence ao GRUPO SEPI, holding empresarial que abarca 15 empresas participadas de forma directa e maioritaria, cun persoal superior a 74.000 persoas. Tamén é accionista da Corporación RTVE, ten unha fundación pública tutelada e participacións directas minoritarias en nove empresas e indirectas en máis de cen sociedades.
Correos é unha das principais compañÃas nacionais por dimensións, presenza territorial, capital humano e infraestruturas fÃsicas e dixitais.
É tamén o operador designado por lei para prestar o servizo postal universal en todo o territorio, con criterios de eficiencia, calidade e accesibilidade, contribuÃndo á sustentabilidade das comunicacións postais para todos os cidadáns.
Correos é a empresa de referencia no mercado postal español e un dos principais operadores de paqueterÃa, especialmente para o sector do comercio electrónico, pola excelencia, confianza e fiabilidade do seu servizo e pola súa oferta global, fÃsica e dixital, para atender as demandas de cada segmento de cliente.
Correos Express é a empresa especializada na entrega de paqueterÃa urxente do Grupo Correos.
O seu modelo de negocio, baseado en delegacións propias, proporciónalle un alto nivel de axilidade no servizo, asà como unha maior seguridade e calidade na xestión. A través da súa rede de centros e das últimas tecnoloxÃas aplicadas á clasificación e distribución, garante a total trazabilidade dos envÃos e a súa entrega efectiva coa maior conveniencia para o destinatario.
Ademais, conta cunha ampla oferta de servizos, deseñados para satisfacer todas as necesidades de entrega en prazo dos seus clientes, asà como solucións especÃficas para sectores que requiren flexibilidade e plena adaptación ás súas cadeas de valor.
Correos Express Portugal é a filial da compañÃa de paqueterÃa urxente coa que o Grupo iniciou o seu proceso de internacionalización na súa historia. O Grupo Correos responde asà aos cidadáns e empresas que demandan poder enviar e recibir en 24 horas en calquera punto da PenÃnsula Ibérica, ofrecendo un servizo integrado de paqueterÃa urxente para todo o mercado ibérico.
Documentación fusión Nexea – Correos
En 2023, Correos absorbeu a actividade da súa filial Nexea, dedicada a ofrecer servizos personalizados en xestión documental, para as comunicacións masivas entre as empresas e os seus clientes.
Estas solucións tecnolóxicas personalizadas para procesos documentais ofrécense a través dun modelo de comunicacións multicanle, en todo tipo de soportes e formatos, coas máximas garantÃas de seguridade da información, trazabilidade documental, total integración cos sistemas tecnolóxicos e fiabilidade na entrega das comunicacións.
Correos Telecom xestiona a rede de telecomunicacións do Grupo Correos e comercializa a capacidade excedentaria das devanditas infraestruturas.
A compañÃa está especializada na provisión de servizos de conectividade de alta capacidade, de comunicacións e infraestruturas de telecomunicación, achegando valor á actividade dos seus clientes, a través da flexibilidade e a innovación. Asà mesmo, proporciona soporte tecnolóxico ao resto de empresas do Grupo Correos para a mellora dos seus procesos operativos e o desenvolvemento de novos servizos dixitais.
Ir a Estructura Organizativa
Cifras clave
Correos é unha das principais empresas españolas por dimensións, capilaridade e capital humano.
Informes
Certificaciones
PolÃtica de Seguridade
A PolÃtica de Seguridade do Grupo Correos ten por obxecto establecer as finalidades e principios xerais que deben rexer as actuacións en materia de seguridade na súa vertente de protección efectiva de persoas, bens e instalacións do Grupo.
Esta PolÃtica constata o compromiso por entender a seguridade como un dos piares fundamentais sobre os que se constrúe a organización global de Correos, co obxecto de acadar as seguintes finalidades:
· Protexer ás persoas e o patrimonio que conforman a Organización dispoñendo dun Sistema de Xestión da Seguridade que permita mitigar os riscos derivados de ameazas internas e/ou externas
· Xerar condicións de seguridade axeitadas que favorezan a consecución dos obxectivos do Grupo e a continuidade das operacións
· Cumprir coa normativa de aplicación e colaborar coas autoridades competentes no ámbito que corresponda
· Difundir esta PolÃtica e o marco normativo que a desenvolve, promovendo a formación e concienciación nesta materia a todo o cadro de persoal da Organización, de modo que a Seguridade forme parte dos procesos da compañÃa
PolÃtica de Seguridade
PolÃtica de excelencia e sustentabilidade
O Grupo Correos constitúese como un conxunto de empresas que desenvolven a súa actividade no sector das comunicacións, fÃsicas e dixitais, e no mercado da paqueterÃa, no que cada vez máis clientes demandan servizos de maior valor engadido que só se poden ofrecer a través da excelencia e a sostibilidade.
De acordo aos principios de cumprimento da legalidade, honestidade, integridade e transparencia que se atopan recollidos no Código Xeral de Conduta e nas diferentes PolÃticas corporativas, e dentro do marco do Modelo de Aliñación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas, asà como do Plan Director de Sostibilidade da compañÃa, marcámonos os seguintes compromisos:
- Cos clientes, a través da eficiencia e a innovación nos procesos e produtos. Buscando permanentemente a excelencia no servizo e desenvolvendo novas solucións adaptadas a unha sociedade cada dÃa máis dixital.
- Coas persoas que traballan no Grupo, velando pola súa saúde e seguridade no traballo, pola formación continua e o seu desenvolvemento profesional e persoal.
- Coa sostibilidade ambiental promovendo a protección do medio co establecemento de obxectivos concretos en materia de calidadedo aire, cambio climático e economÃa circular e que eses obxectivos estean aliñados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas.
- Coa sociedade promovendo o desenvolvemento social e cultural das comunidades nas que realizamos a nosa actividade, contribuÃndo ao seu benestar e progreso.
PolÃtica de excelencia e sustentabilidade
PolÃtica de Control e Xestión de Riscos
A PolÃtica de Control e Xestión de Riscos corporativos do Grupo Correos, aprobada polo Consello de Administración en 2022, establece os principios e directrices para asegurar a identificación, análises, xestión e control dos riscos, de forma sistemática y uniforme, contribuÃndo asà a:
- alcanzar os obxectivos estratéxicos corporativos, maximizando o valor económico xerado;
- aportar un nivel adecuado de garantÃas a todos os grupos de interese;
- cumprir coa normativa aplicable;
- facilitar o desenvolvemento das operacións coa seguridade e calidade previstos, asegurando a continuidade do servizo público.
Esta PolÃtica define as pautas a seguir para identificar e manter os riscos dentro dos limiares de tolerancia e facilitar os elementos para decidir sobre o nivel de risco aceptable en cada momento, tendo en conta a transversalidade dos mesmos. Para iso, a súa aplicación baséase en catro principios de actuación: orientación á xestión do risco mediante unha contorna de control interno efectivo, fortalecemento do goberno corporativo, estratexia e cultura de xestión integral do risco e transparencia interna.
PolÃtica de Control e Riscos de Xestión
PolÃtica de Seguridade da Información
A nosa polÃtica de Seguridade da Información, inclúe os seguintes obxectivos estratéxicos:
- Manter uns niveis de seguridade, en termos de Confidencialidade, Integrade, Dispoñibilidade, Trazabilidade e Autenticidade axustados e coherentes coas necesidades do Negocio e a confianza dos nosos clientes.
- Establecer as medidas técnicas e organizativas que proporcionan o nivel de seguridade axeitado, con alcance aos sistemas e os procesos que tratan esta información.
- Garantir en todo momento o cumprimento do marco legal vixente asà como os requisitos contractuais acordados cos clientes.
- Promover a cultura de ciberseguridade entre todo o personal da Organización.
- Manter un Sistema de Xestión da Seguridade da Información baseado en estándares internacionais para identificar, cuantificar, priorizar e tratar os riscos asociados aos activos, procesos e servizos.
- Implementar os mecanismos de continxencia tecnolóxica precisos que permitan manter a continuidade dos servizos e sistemas de información, permitindo a recuperación destes nun perÃodo de tempo aceptable
PolÃtica de la seguridade da información
Premios 2023
A Nosa Historia
O servizo de Correos naceu hai máis de 300 anos para satisfacer as necesidades de comunicación da sociedade da época.
A organización do correo en España débese aos romanos. O cursus publicus, como se denominaba, percorrÃa toda a xeografÃa de Hispania a través dunha coidada rede de camiños portando as mensaxes para o exército ou os administradores romanos.
Posteriormente, durante a Idade Media, os numerosos reinos nos que se dividiu España crearon os seus propios sistemas de correo. Os mandadeiros Ãan dunha corte a outra cos encargos dos seus reis. Tamén os comerciantes ou as institucións relixiosas ou universitarias tiñan os seus propios mensaxeiros. A organización postal en España foi transformándose progresivamente coa unificación dos reinos baixo a monarquÃa dos Reis Católicos, co descubrimento de América e logo coa ampliación de territorios en Europa durante o reinado de Carlos I.
Ao mesmo tempo, a concesión do privilexio real do correo á familia Tassis, centralizou nas súas mans toda a orde postal tanto en España como en Europa.
Co cambio de dinastÃa a principios do século XVIII, o correo deixou de ser unha concesión do monarca para converterse nunha Renda Real.
O 8 de xullo de 1716, co nomeamento de Juan Tomás de Goyeneche como XuÃz Superintendente e administrador Xeral das Estafetas por parte de Felipe V, o servizo de Correos convértese en responsabilidade do Estado.
Correos foi o Internet do século XVIII, o abandeirado da modernización decimonónica, a vangarda tecnolóxica do século XX e co arranque do século XXI, o mellor provedor de servizos de comunicacións fÃsicas, dixitais e de paqueterÃa do paÃs.
CronologÃa
Máis de tres séculos de historia
2019
Creación do primeiro operador peninsular e expansión internacional no sueste asiático.
2018
Consolidación nacional do novo concepto de oficinas, coa incorporación de novos servizos para cidadáns, institucións e empresas.
2017
Inauguración do centro de innovación CorreosLabs.
2016
Correos cumpre 300 anos mantendo a súa capacidade de visión e proxección de futuro.
2015
Creación das solucións de ecommerce para pemes, Comandia.
2014
Inauguración dos dispositivos automáticos de paqueterÃa CityPaq e do novo modelo de oficinas.
2003
Apertura da Oficina Postal Virtual.
2002
Culminación da automatización da rede de grandes centros loxÃsticos.
1998
Estrea da primeira páxina web.
1996
Primeiro prototipo de coche eléctrico español para a repartición (Zeus).
1990
Informatización de toda a rede de oficinas.
1981
Invención do código postal.
1962
Instalación das caixas de correos domiciliarias.
1911
Establecemento de servizos innovadores como a carta urxente, os xiros e os reembolsos.
1889
Nacemento do Corpo de Empregados de Correos.
1884
Primeiro servizo telefónico público do noso paÃs.
1882
Incorporación das mulleres ao persoal.
1870
Repartición postal diaria.
1855
Establecemento da primeira condución de correo ambulante. Creación do Corpo de Telégrafos.
1850
Dotación de frota propia de transporte para a correspondencia e nacemento do selo como medio de pagamento.
1762
Instalación das primeiras bocas de caixas de correos.
1756
Creación do oficio de carteiro.
1755
Racionalización de tarifas e creación de servizos de Lista, Apartados, Impresos e Xornais.