Vai ao contido da páxina

Transparencia

Este portal de transparencia ofrece á cidadanía información sobre a actividade de Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A., S.M.E. Inclúe datos, entre outros, de xestión económica e financeira, resultados de calidade acadados na prestación do servizo postal universal e información corporativa e organizativa.

Así mesmo, poñemos á súa disposición diferentes canles de acceso, a través das cales pode realizar a súa solicitude de información pública.

Esperamos que este portal sexa de utilidade para toda a cidadanía.

Información normativa

Referencia á normativa que determina o réxime xurídico e natureza, así como a que regula a actividade, as contratacións de subministracións, bens e servizos e a que determina o bo goberno e transparencia a seguir na xestión.

Estatutos sociais de Correos

A Sociedad Anónima Estatal Correos y Telégrafos, S.A., S.M.E constituíuse o 19 de xuño de 2001, dando cumprimento ao disposto no artigo 58 da Lei 14/2000, de 29 de decembro, de Medidas fiscais, administrativas e da orde social.

O acordo do Consello de Ministros de 16 de marzo de 2012, polo que se aproba o Plan de reestruturación e racionalización do sector público empresarial e fundacional estatal, que se fixo público mediante a Orde HAP/583/2012, de 20 de marzo, estableceu, entre outras medidas, o cambio de titularidade de Correos, coa consecuente incorporación da totalidade das accións a favor de SEPI.

Correos é unha sociedade mercantil que se rexe polo ordenamento xurídico privado, agás nas materias que lle sexa de aplicación a normativa orzamentaria, contable, de control financeiro e de contratación, na súa condición de sociedade integrante do sector público empresarial, consonte ao disposto no artigo 3 da Lei 47/2003, de 26 de novembro, Xeral Orzamentaria, en coordinación co artigo 166 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, de Patrimonio das Administracións Públicas.

Respecto á contratación, o marco normativo está constituído por:

– Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014.

– Real Decreto-Lei 3/2020, de 4 de febreiro, de medidas urxentes polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español diversas directivas da Unión Europea no eido da contratación pública en determinados sectores; de seguros privados; de plans e fondos de pensións; do ámbito tributario e de litixios fiscais.

– As instrucións internas de contratación da Sociedade. Ditas instrucións atópanse a disposición de todos os interesados no perfil do contratante en www.correos.com.

Correos é o operador designado por lei para prestar o servizo postal universal en España, de acordo cos requisitos de calidade, regularidade e accesibilidade que fan efectivo o dereito de todos os cidadáns ás comunicacións postais, nun mercado que foi liberado completamente o 1 de xaneiro de 2011, conforme á Lei 43/2010, de 30 de decembro, do Servizo Postal Universal, dos Dereitos dos Usuarios e do Mercado Postal.

Esta Lei desenvólvese polo Real Decreto 437/2024, de 30 de abril, polo que se aproba o Regulamento dos servizos postais.

Do mesmo modo, Correos, en calidade de transportista habilitado, oferta un extenso abano de opcións de paquetería, estando sometido á Lei 16/1987, de 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres e á Lei 15/2009 Reguladora do Contrato de Transporte Terrestre de Mercadorías.

A Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno dispón que todas as empresas do sector público deben publicar de forma periódica e actualizada a información cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia relacionada co funcionamento e control da súa actividade pública.

O Programa de Cumprimento Normativo ten como obxectivo establecer os principios e pautas que deben rexer o desenvolvemento das actividades e as relacións comerciais das sociedades do Grupo Correos, tanto a nivel interno, no que se refire ás propias sociedades que forman o Grupo -empregados, directivos e administradores, que no exercicio das súas funcións actúen en nome de cada unha delas-, como a nivel externo, no mercado e co resto de competidores.

O Consello de Administración de Correos, na súa sesión celebrada o 22 de xullo de 2021, aprobou o vixente Programa de Prevención de Riscos Penais, que inclúe o Código Xeral de Conduta do Grupo Correos.  Os documentos que conteñen o Programa de Prevención de Riscos Penais, ratificados por cada unha das empresas do Grupo, reflicten os valores de referencia na súa forma de traballar e conteñen os principios xerais que rexen a súa actuación, de obrigado cumprimento para todos os empregados do Grupo.

Así mesmo, o Consello de Administración, na súa sesión de 27 de abril de 2022, aprobou a Política de Control e Xestión de Riscos corporativos do Grupo Correos, que inclúe o risco de cumprimento normativo e penal.  A política establece un Sistema de Control e Xestión, baseado en principios e directrices para asegurar razoablemente a sistemática identificación, análises, xestión e control dos riscos que poidan afectar á consecución dos obxectivos establecidos, mediante unha adecuada asignación de responsabilidades e a actualización periódica do sistema polo Comité de Riscos de Correos.

Os documentos, dispoñibles na páxina web e na intranet corporativas, son revisados periodicamente co fin de incorporar todos os cambios que sexan precisos para responder aos novos requirimentos internos e externos.

Para o Grupo Correos, a integridade e a eficiencia profesional son elementos esenciais de actuación para xerar vínculos de confianza e relacións máis sólidas cos clientes, os empregados e a sociedade en xeral.

O Grupo Correos estableceu o Sistema interno de información consonte aos requisitos establecidos na Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción. A estes efectos, e de acordo coa normativa indicada, o Sistema Interno de Información de Correos está integrado pola Política do Sistema Interno de Información, o Procedemento de Xestión de Informacións, a Canle Ética e o Responsable do Sistema Interno de Información, que é o Comité de Cumprimento. Nas intranet e páxinas web corporativas das empresas do Grupo Correos hai unha ligazón denominada «Canle Ética» que permite dá acceso a unha plataforma que conta con medidas técnicas axeitadas para garantir a confidencialidade e a seguridade da información, así como o anonimato cando se opte por esta modalidade de comunicación.

Os seus datos de carácter persoal serán tratados por Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, S.A., S.M.E” (de aquí en adiante, «Correos»), con CIF CIF A-83052407 co obxectivo de poder tramitar a súa solicitude ou denuncia e, tra-lo seu estudo, darlle a resposta máis pertinente.  A estes efectos, non está previsto que se comuniquen os datos a terceiros, agás a outras sociedades do Grupo Correos cando a súa solicitude ou denuncia afecte a algunha delas. Así mesmo, finalizado o trámite serán bloqueados e, posteriormente, borrados unha vez teña prescrito o prazo das accións que puidesen derivar.  Pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento ou portabilidade mediante un escrito dirixido á Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, achegando o seu DNI ao seguinte enderezo C/ Conde de Peñalver, 19, 28006, Madrid ou a través do correo electrónico derechos.protecciondatos.correos@correos.com. Tamén pode poñerse en contacto co noso delegado de protección de datos no seguinte correo electrónico dpdgrupocorreos@correos.com ou interpoñer unha reclamación ante a AEPD.  Pode consultar  a nosa Política de Protección de Datos.

Información organizativa

Pedro Saura García

Presidente Executivo

Rafael Domínguez Olivera

Secretario

Luis Álvarez-Ossorio Álvarez

Consejero Externo Independiente

Dolores Alonso Galdo

Conselleiro Dominical

Pedro Enrique Blanco Chinarro

Conselleiro Externo Independente

Marta Fano Gonzalez

Conselleira Externa Independente

Luis Gonzaga Serrano de Toledo

Conselleiro Externo Independente

Aída Joaquín Acosta

Conselleira Externa Independente

Juan Pablo Martín de Andrés

Conselleiro Externo Independente

Carlos Olmo López

Conselleiro Externo Independente

Manuel Pacheco Manchado

Consejero Externo Independiente

Jaime Pérez de la Cruz

Conselleiro Externo Independente

José María Pérez Rosado

Conselleiro Extern Independente

Alberto Requena Navarro

Conselleiro Externo Independente

Dámaso Riaño López

Consejero Externo Independiente

Tomás Suárez-Inclán González

Conselleiro Externo Independente


O Grupo Correos está formado pola Sociedade Estatal Correos e Telégrafos e as empresas filiais:

Información económica

Dereito de acceso